Johnny Winter é un guitarrista albino que medrou escoitando o verdadeiro blues da súa terra e que conseguiu converterse nunha súper estrela mundial, demostrando que un branco tamén pode tocar blues cunha paixón tan absoluta como calquera bluesmen do Delta máis profundo.

Johnny naceu un 23 de febreiro de 1944 na cidade de Beaumont (Texas). Dende cativo, xunto co seu irmán Edgar, atopou no blues un camiño que marcou para sempre a súa vida. Con tan só 16 anos xa gravou o seu primeiro disco, baixo o nome de Johnny And The Jammers. Posteriormente seguiu gravando cousas (non chegaron a publicarse ata anos despois cando xa alcanzara a fama) e comezou a madurar unha reputación considerable tocando nos garitos texanos.
Cando contaba 19 anos viaxou a Chicago e máis tarde a Londres na procura dunha estabilidade que non atopou. Sen embargo, un artigo que falaba da escena musical texana publicado na revista Rolling Stone, e que eloxiaba a súa figura, serviulle para que fose invitado a tocar en Nova York. Despois deste concerto varias compañías discográficas disputáronse a súa contratación, sendo finalmente Columbia a que o conseguise.
O seu primeiro disco publicado en 1968, “Johnny Winter”, onde estaba acompañado por Willie Dixon e Big Walter Horton, foi un éxito e serviu para consagrar o seu son e a súa figura de bluesmen con un estilo inconfundible: unha voz desgarrada, algo forzada, e unha técnica e velocidade de execución na guitarra que desembocaba a miúdo nun torrente de notas vertixinoso. Comezou a actuar en todo tipo de festivais (Woodstock incluído) acadando deste xeito cada vez máis seguidores.
Xa a partir do seu segundo disco, “Second Winter”, comezou a orientar a súa música cara o rock. Sometido á presión do estrelato e devorado polo show business, que o converteu nunha estrela dos escenarios, estivo a piques de afundirse musical e fisicamente. Sucumbiu o consumo de drogas e en 1972 tivo que se retirar temporalmente.
Un ano despois voltou para seguir gravando algúns álbums de excelente hard rock. Os seus fans, que o seguiran dende o comezo, pensaron que xa nunca máis voltaría ó blues das súas raíces e sentíanse profundamente decepcionados. Sen embargo, en 1977, víronse gratamente sorprendidos cando publicou outra vez un álbum que, como o seu título indicaba, destilaba blues sen concesións de ningún tipo: “Nothing But The Blues”, un dos seus traballos clave dentro da súa dilatada discografía.
Entre os anos 1977 e 1980 produciu varios discos clave no tramo final da carreira de Muddy Waters, obtendo un éxito máis que notable, conseguindo incluso dous destes discos o premio Grammy.
A comezos dos anos oitenta a súa carreira viuse novamente freada ata que unha participación no disco de Sonny Terry “Whoopin´” fixeron que firmase co selo de blues Alligator Records. O seu primeiro traballo con eles, “Guitar Slinger”, converteuse no máis vendido da compañía. O éxito continuou cos seus dous seguintes discos de tal xeito que en 1986 conseguiu ser o primeiro músico branco admitido no Blues Foundation´s Hall Of Fame.
A comezos dos noventa, baixo o selo Point Blank, voltou a editar dous excelentes traballos: “Let Me In” e “Hey, Where Is Your Brother?”. En 1998 coa saída de “Live In NYC 97”, cuxo contido foi elixido polos seus fans mediante votación na súa páxina web, comeza a apreciarse xa unha lóxica diminución das súas facultades.
Cunha delicada saúde, e unha sorte que aínda hoxe poidamos seguir disfrutando deste histórico músico xa que segue gravando (o seu último traballo discográfico titulado “I´m A Bluesman” foi publicado no 2004) e actuando en directo por todo o mundo, aínda que as súas aparicións en público son cada vez máis escasas.

DISCOGRAFÍA SELECCIONADA:
- The Progressive Blues Experiment
- Johnny Winter
- Second Winter
- Nothing But The Blues
- Guitar Slinger
- Serious Business
- 3rd Degree
- Let Me In
- Hey, Where Is Your Brother?
VÍDEO: "Be Careful With A Fool" (en directo 1970)
VÍDEO: "Mojo Boogie" (en directo Barcelona 1991)